A P O I

Actualizacións novembro 2014 - Páxina 2 Imprimir Correo-e
Índice do artigo
Actualizacións novembro 2014
Page 2
Actualizacións APOI, marzo 2011
Actualización 10/2010
Todas as páxinas
Actualizacións APOI, novembro 2014

(período entre o 22-07-2013 e o 13-11-2014)

– Pezas publicadas, novas entradas

Incorporáronse 55 novos rexistros: MUS227-234, 256, 328-365, 381-387

– Partituras

Foron publicadas 21 novas partituras: MUS097, 159-160, 172, 174, 208, 213, 281, 292-296, 328-334, 338

– Textos

Foron publicados 38 novos textos: MUS 294, 297-298, 308-316, 320-330, 338, 343-344, 354-359, 384-387

– Análises

Foron publicadas 26 novas análises: MUS044-045, 056-058, 060, 067, 159-160, 172, 174, 208, 281, 292-296, 328-334, 338

– Destacados

Publicamos por primeira vez material das compilacións de Juan Parga e da súa colección, con pezas instrumentais e vocais cuxa escoita recomendamos. Entre elas destacamos as primeiras publicacións no APOI de material da emigración (Montevideo, 1996) e tamén unha gravación do extraordinario intérprete Manuel López, o gaiteiro de Poso, corte ao que seguirán en breve o resto de rexistros da cinta. Novas e fenomenais gravacións de don Xesús Mato están dispoñibles para escoita e descarga (MUS227-234). Entre as partituras destacamos os cantos ornamentados números 097 e 292-296, as melodías de gaita de Manuel “da Carroceta” (MUS331-334), ademais dunha muiñeira instrumental (MUS208) interpretada por Florencio, “o cego dos Vilares”, de quen estamos a celebrar este ano o centenario do seu nacemento.

Datos sobre o APOI, a 13 de novembro de 2014:

372 cortes publicados, de entre os cales 369 son de audio e 3 son de vídeo.

281 pezas vocais teñen o texto publicado.

161 pezas teñen a análise musical publicada.

161 pezas teñen a partitura publicada.

 


 

Actualizacións APOI, xullo 2013

(período entre o 9-03-2011 e o 22-07-2013)

– Pezas publicadas, novas entradas

Incorporáronse 17 novos rexistros: MUS115, 195, 255, 257, 315-327.

– Textos

Pódense consultar no apartado de texto na táboa de resultados da Busca Avanzada.

Foron publicadas as transcricións de 44 textos, correspondentes ás pezas: MUS14, 112, 114-115, 122, 137, 150-153, 157, 189, 195, 205, 207, 217-218, 220-224, 247-250, 258-260, 264-269, 292-296, 299, 307.

– Partituras

Foron publicadas 40 novas partituras: MUS42, 93-95, 100, 102-105, 107-108, 113-115, 118-119, 124-125, 129-130, 132, 138, 144-146, 148, 176, 183, 195, 224, 226, 241, 243-244, 250, 252-253, 258, 269, 279.

– Análise musical

Pódese consultar na ficha da peza ou na táboa de resultados da Busca Avanzada.

Foron publicadas as análises de 35 pezas: MUS93-95, 100, 102-103, 105,108, 113-115, 118-119, 124, 129-130, 132, 138, 144-146, 148, 166, 176, 195, 224, 226, 241, 243-244, 250, 252-253, 258, 269.

– Outros

Foron revisadas e substituídas as partituras das pezas MUS55, 75 e 80. Foron corrixidas varias erratas entre os datos das análises: o nº de sílabas da MUS95; o íncipit e texto da MUS294 foi pasado á MUS150. Engadimos a lingua empregada das pezas 150 e 294 (galego) e o texto da peza da MUS103 foi cambiado polo correcto. O compás da peza MUS74 foi cambiado a 3/8 para harmonizala coa nova variante publicada desta melodía (MUS115).

– Destacados

Publicamos tres pezas da recollida até o de agora máis temperá no noso arquivo: anos 1973-1974. Gravounas don Xesús Mato en Quiroga (MUS317-319). Tres partituras de melodías en tempo rubato, as dúas primeiras emparentadas (MUS130, 253, 279). Tres variantes da melodía MUS29 (romance de La hermana cautiva), unha delas interpretada pola mesma informante nunha data posterior (MUS94, 250, 252).

Datos sobre o APOI, a 22 de xullo de 2013:

317 cortes publicados, de entre os cales 314 son de audio e 3 son de vídeo.

282 son pezas vocais (21 delas con acompañamento de instrumento melódico).

35 son pezas instrumentais.

31 pezas inclúen acompañamento de percusión.

243 pezas vocais teñen o texto publicado.

135 pezas teñen a análise musical publicada.

140 pezas teñen a partitura publicada.