A P O I

Actualizacións novembro 2014 - Actualizacións APOI, marzo 2011 Imprimir Correo-e
Índice do artigo
Actualizacións novembro 2014
Page 2
Actualizacións APOI, marzo 2011
Actualización 10/2010
Todas as páxinas

Actualizacións marzo 2011

 

(período entre o 21-01 e o 9-03 de 2011)

– Pezas publicadas, novas entradas

Incorporáronse 32 novos rexistros: MUS 189, 247-250, 258-259, 290-314.

– Textos

Pódense consultar no apartado de texto na táboa de resultados da Busca Avanzada.

Foron publicadas as transcricións de 26 textos, correspondentes ás pezas: MUS 225-226, 235-236, 238-246, 251-253, 261-263, 277-281, 288-289.

– Partituras

Foron publicadas 30 novas partituras: MUS13-14, 36, 57, 61, 67, 71, 75, 84, 86, 89-91, 109, 112, 127, 140, 143, 155-156, 167-169, 182, 188, 221, 236, 261, 248, 285.

– Análise musical

Pódese consultar na ficha da peza ou na táboa de resultados da Busca Avanzada.

Foron publicadas as análises de 48 pezas: MUS62-63, 70-71, 73-77, 79-80, 86, 90, 94-98, 100, 102-104, 107, 109-113, 122, 125, 127, 140, 143, 155-156, 167-169, 182-183, 188, 221, 236, 238, 248, 260-261, 299.

– Outros

As pezas MUS51-56, 95, 284 foron readxudicadas ao compilador Francisco Rodríguez Gómez, colección de Baldomero Iglesias. Recadamos o nome completo do sr. Cesáreo, un destacado informante. Agora atoparase na lista de informantes como: García Sánchez, Cesáreo. Tamén aparece nos grupos Lagares, Ricardo [et al.] e Lagares, Ricardo; García, Cesáreo; Suárez, Rafael.

– Destacados

Queremos chamar a atención sobre a interesante métrica musical de 8 das novas partituras publicadas, reflectida no uso de compases de amalgama. Todas elas pertencen a romances relixiosos, e principalmente do ciclo de Nadal: MUS75, 90, 127, 248 (en compás de 5/8); MUS156-157 (compás de 7/8); MUS155, 168 (alternancia de 7/8 e 2/4).

Engadimos 7 novas compañeiras á até agora solitaria partitura de gaita no noso arquivo: MUS13, 36, 57, 61, 84, 91 e 285. Agradecemos a atenta revisión de Miguel Pérez Lorenzo das partituras da MUS36 e 91 e destacamos a formidable execución da MUS285.

En canto ás novas pezas publicadas, recomendamos especial atención ás recollidas por Xesús Mato da formidable informante Alicia Díaz Blanco (MUS247-250), os extensísimos brindos de Ribeira de Louzarela (MUS300) e os desafíos que se atopan entre as pezas MUS310-314.


Datos sobre o APOI, a 9 de marzo de 2011:

300 cortes publicados, de entre os cales 297 son de audio e 3 son de vídeo.

265 son pezas vocais (21 delas con acompañamento de instrumento melódico).

35 son pezas instrumentais.

30 pezas inclúen acompañamento de percusión.

200 pezas vocais teñen o texto publicado.

100 pezas teñen a análise musical publicada.

100 pezas teñen a partitura publicada.