A P O I

Actualizacións novembro 2014 - Actualización 10/2010 Imprimir Correo-e
Índice do artigo
Actualizacións novembro 2014
Page 2
Actualizacións APOI, marzo 2011
Actualización 10/2010
Todas as páxinas

Novidades no apartado de dixitalización e edición de fondos sonoros

 

8 outubro 2010


Contando co patrocinio da Deputación de Lugo, iniciáronse os traballos de edición do fondo compilado por don Xesús Mato, que na súa meirande parte corresponde a esta provincia. As cintas que integran este fondo foran xa dixitalizadas nunha fase previa. En breve se poderá contar coa publicación dunha selección delas para consulta a través de internet.

O estado xeral do apartado de dixitalización e edición do proxecto Sons e Voces da Identidade, relativo aos fondos das diferentes coleccións, é este:

Xosé Luís Rivas Cruz (Mini): 28 cintas dixitalizadas e editadas. Contén recollas en localizacións varias, destacando en número as de Terra de Montes (Pontevedra).

Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero): 439 cintas dixitalizadas, das cales 297 xa están editadas. O groso da colección está composto por rexistros provenientes do concello de Mesía. Nas recollas destes dous compiladores atópanse, ademais de música: entrevistas, contos, adiviñas, refráns, etc.

Xesús Mato: 39 cintas dixitalizadas, das cales 30 xa están editadas.

Juan Parga: 4 cintas (abertas) dixitalizadas. Inician esta colección unhas recollas da familia Fernández Trebolle (Monel - Becerreá, provincia de Lugo), de fin dos anos 60.

Xosé Manuel González Reboredo: 16 cintas dixitalizadas, que conteñen pezas musicais e entrevistas procedentes de traballos de campo realizados en diversos puntos de Galicia.

Dos fondos propios do Museo do Pobo Galego:

54 cintas dixitalizadas e editadas, correspondentes ao proxecto “Recupera-la tradición oral”, no que participaron centros escolares de concellos de A Coruña e Pontevedra.

32 cintas dixitalizadas, que fan parte dos rexistros de campo realizados por alumnos da Área de Antropoloxía social da Universidade de Santiago de Compostela, baixo a dirección do prof. Marcial Gondar.