Colaboradores Imprimir Correo-e
Os primeiros fondos do APOI foron aportados por Baldomero Iglesias (Mero) e Xosé Luís Rivas (Mini), quen, cando ceden o seu arquivo persoal ao Museo do Pobo Galego, fan sempre explícita a súa firme opción por facer públicas as súas gravacións para que volten ao pobo do que saíron, tal como a xente do pobo llas fixo chegar a eles. Esta entrega xenerosa non constitúe a súa contribución exclusiva, senón que manteñen a colaboración nos traballos de edición e información dos materiais. César Martínez Fernández, técnico de Sons da Vila, está a cargo da dixitalización, edición e arquivo inicial dos materiais.

Sergio de la Ossa, etnomusicólogo, transcribe e estuda as gravacións con contido musical. Concha Losada, profesora de psicobioloxía e estudosa do traxe tradicional, patroa do Museo do Pobo Galego, é a responsable, xunto con Sergio de la Ossa, da arquitectura da base de datos. Felipe Seoane e Xosé Ramón Varela, físicos e socios do MPG, asesoran na elección das solucións tecnolóxicas.

Xosé Manuel González Reboredo, antropólogo e coordinador do Instituto de Estudos das Identidades, e María Xosé Fernández Cerviño, secretaria do Museo do Pobo Galego e do IEI, coordinan o traballo.